A conta atrás / guión, Carlos Portela ; debuxo, tintas, Sergi San Julián ; cor, Sergi San Julián, David Otálora e Marta Mesas
por Portela, Carlos (1967-) [guionista]
; San Julián, Sergi [debuxante]
.
Tipo: 






Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Número de volume | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | IES Pedro Floriani Sala préstamo | 82-C POR con | Dispoñible | PED065000014906 |
|
Transcorreu un ano des que o accidente dun petroleiro causou unha gran marea negra. Otero, subsecretario de Pesca do goberno autonómico, presenta ante os medios de comunicación unha campaña publicitaria que anuncia a recuperación da costa e do sector pesqueiro. En realidade, trátase dun exercicio de manipulación informativa que busca acalar as críticas á xestión política da catástrofe ecolóxica. Mariñeiros, xornalistas, comerciantes e voluntarios son os outros grandes actores deste drama coral, que gaña en matices e profundidade a medida que o desenvolvemento da historia —relatada en sentido inverso— se desprega perante o lector.
Coincidindo co vixésimo aniversario da catástrofe do Prestige, a lectura de A conta atrás preséntase como o remedio perfecto para evitar que se cumpra a máxima de Cicerón segundo a cal “os pobos que esquecen a súa historia están condenados a repetila”. Asinada por Carlos Portela e Sergi San Julián, esta novela gráfica preséntase a través dunha nova edición que ademais de incluír a segunda parte da obra —até agora inédita—, contén un prólogo do novelista Manuel Rivas e un epílogo do historietista Miguelanxo Prado, así como abundante material adicional que profundiza na xénese e no desenvolvemento deste proxecto.
3º-4º ESO
1º-2º BAC