Dieste, Rafael

A fiestra valdeira : comedia de remate ledo en tres lances, o derradeiro cun respiro / Rafael Dieste - 1ª ed., 7ª imp. en Biblioteca Rafael Dieste - Vigo : Galaxia , 2025 - 108 p. ; 21 cm - Literaria. Biblioteca Rafael Dieste (Galaxia) ; 2 .

Rafael Dieste publicou A fiestra valdeira en 1927. A comedia desenvólvese no cuarto dunha cas cunha ventá a través da cal se pode ver o peirao dunha vila mariñeira. Don Miguel é un mariñeiro, xa retirado, que volveu adiñeirado da emigración no Brasil. Encárgalle a un pintor que lle faga un retrato, no que aparece a fiestra. No cadro vese o ambiente mariñeiro da vila, mais a súa muller prefire que apareza de fondo unha paisaxe máis señorial, coma a dos xardíns dun pazo. Ela quere renegar do pasado mariñeiro do home para aparentar unha riqueza vedraña e facilitar as relaicóns sociais da súa filla, mais don Miguel séntese orgulloso das súas orixes.

9788498656305

821.134.4-22"19"

Coa tecnoloxía Koha